Jorge Mistral
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Modesto Llosas Rosell 24 de novembro de 1920 Aldaia, España |
Morte | 20 de abril de 1972 (51 anos) Cidade de México |
Causa da morte | suicidio, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Jorge Mistral |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema, director de cinema, actor de teatro, guionista |
Período de actividade | 1944 - |
Familia | |
Cónxuxe | Graciela Dufau |
|
Modesto Llosas Rosell, coñecido como Jorge Mistral, nado en Aldaia o 24 de novembro de 1920 e finado en Cidade de México o 20 de abril de 1972, foi un actor español.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de abandonar prematuramente a súa carreira de Dereito, decidiu dedicarse ao teatro onde empezou a desenvolver o rol de galán, que non abandonou en toda a súa carreira. Sucesivamente integrouse nas compañías de teatro de José Rivero, Ana Adamuz e Josita Hernán.
Debutou no cine en 1944 na película La llamada de la mar do director José Gaspar. Firmou nese momento un contrato en exclusiva coa que entón era a produtora máis potente do país: Cifesa.
En 1949 fixo a súa primeira xira teatral por Hispanoamérica, onde tivo moito éxito e pasou a desenvolver gran parte da súa carreira como actor, sobre todo en México.
Nás décadas de1940 e 1950 participou nalgúns dos filmes españois máis populares, como Pequeñeces, Locura de amor (con Aurora Bautista e Fernando Rey), a versión de 1952 de La hermana San Sulpicio (con Carmen Sevilla) e un dos maiores éxitos de Sara Montiel: Carmen la de Ronda. Na década de 1960 tentou dar o salto á realización coas películas La fiebre del deseo (1964) e La piel desnuda (1964).
O 21 de abril de 1972 suicidouse en México, despois dun período depresivo, agravado por un cancro duodenal que padecía desde había un tempo, cando se achaba realizando a telenovela mexicana Hermanos Coraje, que se transmitía por Televisión Independiente de México (TIM).[2]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Como actor
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1961 | La brujula rota | Miniserie. 3 episodios. | |
1965 | El precio del orgullo | ||
1966 | La red | ||
1967 | Mujeres en presidio | Dr. Ghünter | |
1967 | Locura de amor | ||
1971 | Historia de un amor | ||
1972 | Los hermanos Coraje | Pedro Barros | Personaxe regular. 200 episodios. |
Como director
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jorge Mistral: El galán que se cansó de vivir". David Estrada (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2018.
- ↑ "Jorge Mistral, por la puerta falsa" (en castelán). 4 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2018. Consultado o 18 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Jorge Mistral en IMDb (en inglés)
- Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Jorge Mistral.